Wednesday 15 de May de 2024

Touro pon a punto as súas áreas recreativas e espazos de lecer


O Concello de Touro está poñendo a punto durante os meses de verán as súas áreas recreativas e espazos de lecer das parroquias. A cuadrilla municipal contratada polo Concello de Touro adícase ao acondicionamento destas instalacións para que os veciños poidan utilizalas durante todo o ano, pero especialmente nos meses de bo tempo. A cuadrilla de traballadores do Concello de Touro traballa estes días na limpeza da maleza do Parque Diéguez Reboredo, que se atopa preto da sede do Concello, en Fonte Díaz. As 19 parroquias de Touro contan con áreas recreativas ou espazos de lecer para os veciños. Os traballadores contratados polo Concello de Touro para estas tareas seguirán desenvolvendo o acondicionamento destes espacios durante os próximos meses. O Concello de Touro pretende así poñer ao día unhas instalacións que son utilizadas pola veciñanza e polos forasteiros.